Os libros de Lucía Salas e Martín Álvarez

NUMAX acollerá o próximo domingo 28 de novembro un novo encontro de A cor das palabras coa visita de Lucía Salas e Martín Álvarez, parte da revista arxentina de crítica cinematográfica La vida útil. Con este motivo ambos realizaron a escolla bibliográfica que vos mostramos aquí nesta lista. Esta actividade acompañarase coa proxección de Les Sabates du bon Dieu, de Jean-Claude Brisseau. 

Seguir lendo

Os libros de «Virtudes (e misterios)»

Este mércores 10 de novembro Xesús Fraga presentaba en NUMAX o seu último libro. Na presentación o autor facía referencia a algún dos libros que o levaron a tecer esta novela. Este é un itinerario formado polos libros que, dun xeito ou outro, axudaron ou influíron no resultado final de Virtudes (e misterios).

Seguir lendo

Lendo a autoras

Desde a Libraría NUMAX sumámonos á celebración do Día das Escritoras, unha iniciativa que cada mes de outubro ten como obxectivo reivindicar e visibilizar o labor e o legado de escritoras ao longo da historia. Por esta razón, traémosvos unha lista de recomendacións que vos convidamos a ler e descubrir.

Seguir lendo

Os libros de Verónica Vicente

O ciclo Intemperiadas. Correspondencias interartes con Xela Arias rematará o vindeiro sábado 18 de setembro coa intervención da fotógrafa Verónica Vicente (Tomiño, 1988). Intemperiadas é unha actividade da Libraría NUMAX comisariada por Charo Lopes e apoiada pola Deputación da Coruña. Velaquí a súa proposta libresca!

Seguir lendo

Os libros de Sonia García López

A historiadora e investigadora Sonia García López envíanos unha selección bibliográfica arredor da aula "Quen teme o lobo feroz? A Escola Oficial de Cinematografía e a censura" que impartirá dentro do ciclo A cor das palabras o domingo 12 de setembro.

Seguir lendo

Os libros de Jóia Rara

A cuarta actividade de Intemperiadas. Correspondencias interartes con Xela Arias centrarase na invervención da dupla musical Jóia Rara, formada polas dj Marta Gilino (Ames, 1991) e Acacia Ojea (Vigo, 1994). Aquí as súas listas de recomendacións bibliográficas. Intemperiadas é unha actividade da Libraría NUMAX comisariada por Charo Lopes e apoiada pola Deputación da Coruña.

Seguir lendo