Os libros de Abbas Fahdel

Para irmos preparando a visita do cineasta iraquí Abbas Fahdel a NUMAX achegamos unha relación de recomendacións literarias elaborada especialmente para a ocasión polo director de Homeland (Irak Year Zero). Abbas Fahdel presentará a estrea do filme en NUMAX e impartirá a Aula «Os ollos verdes» Iraq, entre documental e ficción.

Seguir lendo

Os libros de Jonás Trueba

O cineasta madrileño Jonás Trueba figura entre os principais nomes do cinema de autor español contemporáneo. Aproveitando a súa visita a NUMAX o luns 17 de outubro, para impartir a aula Somos sempre principiantes e presentar o seu último filme, La reconquista, achegamos unha escolma de textos realizada polo cineasta especialmente para a sesión que poderedes atopar na Libraría NUMAX.

Seguir lendo

Os libros de Ana Vaz

O arranque da 13ª Edición do Curtocircuíto ten a Ana Vaz como gran protagonista. A cineasta brasileira achegounos unha selección bibliográfica con textos que teñen influído na súa curta mais prometedora filmografía.

Seguir lendo

Os libros de João Nicolau

O cineasta portugués João Nicolau visita NUMAX dentro da 13ª edición de Curtocircuíto para presentar a longametraxe John From e impartir a Aula «Os ollos verdes» que, baixo o título de Só pracer: música e cinema fará un percorrido por toda a súa obra, facendo especial énfase na estreita relación establecida entre música e imaxes. Achegamos agora unha selección de libros escollidos polo director lisboeta especialmente para a Libraría NUMAX.

Seguir lendo

Os libros de Eloy Domínguez

Para acompañar a estrea de No Cow on the Ice, de Eloy Domínguez Serén, achegamos unha relación de recomendacións bibliográficas escollidas persoalmente para NUMAX polo cineasta do Salnés. Teoría do cinema, clásicos da literatura e reflexións sobre a ollada da emigración fúndense neste interesantísimo itinerario.

Seguir lendo

Os libros de Pedro Costa

(Fotografía: Óscar Fernández Orengo)

En NUMAX ímonos preparando para unha das citas do ano. O cineasta portugués Pedro Costa visitará o Cinema NUMAX o 23 de setembro para presentar a estrea de Cabalo Diñeiro, distribuído en salas de toda España por NUMAX Distribución. Para irmos entrando en materia achegamos unha relación de textos recomendados persoalmente polo director.

Seguir lendo