Letras para Sayat Nova
A recuperación e estrea da metraxe orixinal de Sayat Nova, lévanos a nos mergullar no universo creativo do seu autor, o armenio Sergei Paradjanov quen, segundo o crítico Serge Daney, «é un deses autores (a cada volta máis raros) que fan cinema coma se ninguén tivese filmado antes». Na Libraría NUMAX podedes acceder a unha escolla bibliográfica relacionada co filme, desde estudos teóricos da filmografía do autor, até obras clave da literatura, da que o trobador Sayat Nova constitúe un dos máis singulares exemplos.