Lecturas para o verán (I)

Recuperamos a nosa sección web 'Itinerarios' para inaugurar unha serie de entradas que vos achegaremos semanalmente cunha selección de lecturas de verán realizada por cada unha das seis socias desta cooperativa. Seis semanas, por tanto, que comezan coa escolma da nosa compañeira Cris. Velaquí a súa listaxe:

Seguir lendo

Joaquín Jordá, tradutor

Joaquín Jordà naceu en Santa Coloma de Farners en 1935 e faleceu en Barcelona o 24 de xuño de 2006. Ademais dos filmes polos que é coñecido (de Día de los muertos, Dante no es únicamente severo -canda Jacinto Esteva-, Numax presenta, Mones com la Becky, Veinte años no es nada, De nens, por caso), traduciu por volta de 150 libros e escribiu uns 30 guións de cinema, entre os que El Lute: camina o revienta, El Lute II: mañana seré libre (Vicente Aranda) ou Pau i el seu germà (Marc Recha). Nos anos 70 viviu en italia a carón dos grupos Lotta Continua e Autonomia Operaia, filmou para o PCI e fixo amizade con Toni Negri e Nanni Balestrini, aos que tamén traduciu ao español.

Seguir lendo

Independencia?

Recén publicado pola editorial Contra, Pequeño circo. Historia oral del indie en España estende a secuencia de análise do indie neste ano que agora empeza. Transcorreu tempo de abondo como para poder mirar con certa amplitude unha das tendencias dominantes das últimas décadas. Desde algún lugar menos reducionista que o estudo melómano das súas ideas ou resolucións; tratándoo, en cambio, de emparentar coa súa época, procedencia social e parámetros económicos.

Seguir lendo

'La mina' e o realismo socialista

Ediciones Akal reeditou no 2013 La mina, primeira novela de Armando López Salinas publicada en 1959. Un volume a cargo de David Becerra Mayor que suma á edición comentada do texto un moi sólido estudo contextual.

Seguir lendo