Os libros de Eloy Domínguez

Para acompañar a estrea de No Cow on the Ice, de Eloy Domínguez Serén, achegamos unha relación de recomendacións bibliográficas escollidas persoalmente para NUMAX polo cineasta do Salnés. Teoría do cinema, clásicos da literatura e reflexións sobre a ollada da emigración fúndense neste interesantísimo itinerario.

Seguir lendo

Os libros de Pedro Costa

(Fotografía: Óscar Fernández Orengo)

En NUMAX ímonos preparando para unha das citas do ano. O cineasta portugués Pedro Costa visitará o Cinema NUMAX o 23 de setembro para presentar a estrea de Cabalo Diñeiro, distribuído en salas de toda España por NUMAX Distribución. Para irmos entrando en materia achegamos unha relación de textos recomendados persoalmente polo director.

Seguir lendo

Os libros da BAAM

Co gallo da visita, o venres 10 de xuño ás 20:00 de Mireia Sentís e José Luis Gallero, editores da Biblioteca Afro Americana Madrid (BAAM), na Libraría NUMAX elaboramos un itinerario coas súas publicacións máis recentes, que nos achegan a algunhas das obras máis relevantes da literatura e o pensamento do pobo afroamericano. Angela Davis, Elaine Brown, David Levering Lewis e Jean Toomer son os protagonistas desta selección.

Seguir lendo

Os libros de Rita Azevedo

A cineasta portuguesa Rita Azevedo Gomes visita NUMAX o 20 e 21 de maio, mais non vai vir soa. Con ela chéganos unha relación de recomendacións bibliográficas que gardan unha estreita relación co universo creativo da directora lisboeta, e co proceso que deu a luz esa obra mestra titulada A vinganza dunha muller.

Seguir lendo

Textos para Charles Burnett

Co gallo da visita a NUMAX de Charles Burnett, un dos grandes nomes do cinema independente norteamericano, achegamos unha escolla bibliográfica para nos aproximar ao pensamento do autor de Killer of Sheep, artellada por Víctor Paz, crítico de cinema e coeditor, canda María Míguez, do libro Charles Burnett: un cineasta incómodo, publicado por Play-Doc Books.

Seguir lendo

Os libros de Bande

Co gallo da visita a NUMAX os días 1 e 2 de abril, do cineasta asturiano Ramón Lluís Bande, achegamos un itinerario bibliográfico escolmado polo autor. Nel podemos esculcar na propia obra literaria de Bande, a partir dos libros que deron pé aos seus últimos filmes, así como acceder a unha selección de textos que, de xeito directo ou tanxencial, nos falan da guerrilla asturiana e a resistencia antifascista. A relación de libros inclúe os comentarios do propio autor.

Seguir lendo