Os máis vendidos de decembro na Libraría NUMAX

Estes foron os libros que máis éxito tiveron na nosa libraría durante o mes de decembro.

Queremos dar as grazas a todas aquelas persoas e editoras que escollestes a nosa libraría para compartir connosco e máis co noso público as vosas experiencias. Que repitamos no 2019!

Seguir lendo

Ideas para agasallar

Este Nadal agasalla un libro... ou un disco, ou un filme, ou o seu póster, ou mesmo entradas para o cinema!

Deixámosche unhas cantas ideas para agasallar este día de Reis

Seguir lendo

Os máis vendidos de novembro na Libraría NUMAX

Libros de novidade e de fondo, historias made in Galicia, narrativa e ensaio, cinema, autores xa consagrados, algún clásico e algunhas das voces máis interesantes da literatura actual... Estes son os libros máis vendidos da libraría NUMAX durante o pasado mes de novembro. Grazas a todas aquelas persoas que estades tras desta selección de títulos, sodes un luxo!

 

Seguir lendo

Os libros de Meritxell Colell

A cineasta catalá Meritxell Colell Aparicio é a autora do filme Con el viento. Aproveitando o encontro con ela, dentro do ciclo A cor das palabras, que baixo o título A emoción real na ficción. Do persoal ao colectivo amosará ao público como foi a escolla de materiais e o proceso creativo da súa opera prima, pedímoslle un itinerario literario. Velaquí os libros que marcaron a súa ollada, que influenciaron o seu xeito de facer cinema ou que a inspiraron nalgún momento concreto da súa vida.

Seguir lendo

Viaxe por unha América remota

 A propósito da retrospectiva que Curtocircuíto dedicou ao cineasta italiano Minervini o pasado outubro, o director do festival, Pela del Álamo, propón un breve itinerario bibliográfico para viaxar a través da América que unha vez coñeceu "vagamente", segundo el mesmo nos conta.

Seguir lendo

Os libros de Marta Pessarrodona

O compromiso feminista de Marta Pessarrodona déixase translucir nas súas escollas literarias, que nos enviou para degustar antes do encontro que teremos o vindeiro mércores 19 de setembro ás 20:00 na Libraría NUMAX xunto á xornalista Helena Capera.

Seguir lendo