Lecturas Intemperiadas

No mes de abril arranca Intemperiadas, correspondencias interartes con Xela Arias, unha actividade que se desenvolverá na Libraría NUMAX até o mes de outubro e que propiciará o encontro da obra de Xela Arias con creadoras actuais de diferentes disciplinas artísticas. Para ir abrindo boca compartimos o itinerario bibliográfico da comisaria da actividade, Charo Lopes, que nos comenta cada unha das súas escollas. Intemperiadas está apoiada pola Deputación da Coruña.

Seguir lendo

Os textos de Margarita Ledo Andión

A poucos días da esperada estrea de Nación, a cineasta e socia de NUMAX Margarita Ledo Andión comparte con todas nós unha relación de textos especialmente relevantes na creación e concepción do seu novo filme. A estrea será o venres 26 de marzo.

Seguir lendo

Os libros de Berta Dávila

Aproveitando a próxima visita a NUMAX de Berta Dávila presentar Illa Decepción, a escritora compostelá comparte connosco algunhas lecturas clave na creación do IV Premio Repsol de Narrativa Breve.

Seguir lendo

Os libros de Alfonso Zarauza

«Esta é unha pequena clasificación dos libros que máis impresión deixaron en min nestes últimos cinco anos e que polo tanto de xeito consciente ou inconsciente acompañaron a todo o proceso creativo de Ons» (Alfonso Zarauza)

Seguir lendo

Os libros de Andrea Abreu

Andrea Abreu revelouse como unha das autoras da tempada coa súa primeira novela, Panza de burro, nunha edición a cargo de Sabina Urraca, editora por un libro en Editorial Barrett. O pasado mes de novembro tivemos a sorte de compartir con ela e Lara Dopazo unha deliciosa conversa literaria no ciclo DEBUT. Agora, mentres toma folgos na súa illa, Tenerife, convídanos á lectura duns poucos libros. Moitas grazas, Andrea!

Seguir lendo

As lecturas de Luis López Carrasco

O cineasta Luis López Carrasco envíanos un xeneroso listado de lecturas ao redor da aula "Repetir o irrepetible. Formas cinematográficas para reconstruír a Historia" que impartirá dentro do ciclo A Cor das Palabras e con motivo da estrea do seu filme El año del descubrimiento.

Seguir lendo

Todos os itinerarios