Laboratorio

A terceira peza de NUMAX é un estudio de deseño gráfico e produción e posprodución de vídeo. O laboratorio NUMAX serve tamén de oficina desde onde se coordina toda a actividade interna da cooperativa e onde se procura a vertebración, creación e renovación constante do proxecto.

Servizos do laboratorio

Vídeo

A nosa dotación tecnolóxica permítenos abranguer todo o proceso de produción de imaxe en movemento, desde a gravación até a edición, postprodución e entrega final do produto no soporte requirido para cada caso. Para traballos que precisen da súa finalización nun soporte físico facémonos cargo da autoría e edición de DVD e BluRay, de todo tipo de transfers dixitais, da conversión e exportación en calquera formato, subtitulado e creación de DCP.

Ver máis

Gráfica

O laboratorio conta cunha división gráfica que compoñen Antonio Doñate (dongrafica.net) e X. Carlos Hidalgo, que veñen traballando nos últimos anos como deseñadores gráficos especializados no mundo editorial e na difusión cultural, incluíndo tamén tarefas de comunicación e creación de contidos.

Ver máis

Aluguer de sala

Ofrecémosche a sala do Cinema NUMAX para presentar as túas longas e curtametraxes, para facer as presentacións e actos da túa entidade ou colectivo, para impartir cursos e conferencias, para pases de filmes e presentacións privadas, proxección de rushes, sneak previews e probas de proxección ou preestreas. Para o que queiras e precises.

A tarifa mínima de aluguer é de 250€ polas dúas primeiras horas + 125€ por cada hora adicional. Ive non incluído.