DISPOÑÍBEL EN 7/15 DÍAS

Auster, Paul | Karasik, Paul

Cidade de cristal

Sinalado por THE COMICS JOURNAL como un dos «100 mellores cómics do século xx», El Patito Editorial comprácese en publicar en lingua galega —e en versión do escritor Xavier Queipo— a novela gráfica Cidade de Cristal. Da man de Paul Karasik na adaptación e da concisa e expresiva pluma de David Mazzucchelli na ilustración, a novela de Paul Auster foi sorprendentemente transformada a unha nova
linguaxe, «creando —na aguda observación de Art Spiegelman— un estraño doppelganger do libro orixinal».
O traballo na tradución do recoñecido escritor galego Xavier Queipo —bo coñecedor da obra de Auster, co que comparte o ter acadado o Premio Juan de San Clemente— é un atractivo engadido ao xogo de espellos que conforma esta obra mestra da novela gráfica.
  • Editorial: El Patito Editorial |
  • Ano: 2014 |
  • Páxinas: 144 |
  • Dimensións: 135x210 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: Queipo, Xavier |
  • Ilustración: Mazzucchelli, David |
  • ISBN: 978-84-942206-9-2 |