Libraría

A Libraría NUMAX celebra o Día do Libro este martes 23 de abril!

A Libraría NUMAX celebra un ano máis o Día do Libro! Será este martes 23 de abril, en horario de 10:30 - 14:00 (mañá) e 16:00 - 20:30 (tarde). Abriremos ao público cun desconto do 10% en todos os libros en tenda e na nosa web.

Calquera compra feita na Libraría NUMAX durante a xornada do martes 23 de abril terá un 10% de desconto tanto na tenda física como a través da nosa páxina web. Ademais, ese mesmo día entre todas as vendas en libraría farase un sorteo dunha entrada dobre para unha das películas en carteleira no cinema NUMAX, sesión a escoller.

No blog de Libraría fixemos diferentes listas de recomendacións para este Día do Libro 2024. Velaquí vos quedan. Atoparedes unha selección de libros por seccións e o acceso a outros itinerarios máis libres coa intención de que paseedes devagar pola libraría pero dende as vosas casas. En todas as propostas están contidos os nosos gustos e idilios. Esperamos que vos guste :)

- Outros libros para ver
- Outras lecturas para pensar
- Libros de fragmentos