Cinema

En carteleira

Ver todos os filmes

Femení, singular

Xavi Puebla

Nayeli, unha moza mexicana que traballa como empregada doméstica en Barcelona, enfróntase a unha serie de adversidades. Mentres loita por recuperar o control da súa vida, a súa determinación vaina enfrontar a unha sociedade que a xulga e limita. Ler máis

El ser querido

Rodrigo Sorogoyen

O aclamado director de cinema Esteban Martínez (Bardem) é unha lenda tanto polos seus filmes como por un pasado marcado pola violencia e os excesos. No seu novo proxecto, ofrécelle un papel á súa filla Emilia (Luengo) co pretexto de axudala a relanzar a súa estancada carreira como actriz. Ler máis

Pase único 28 de setembro

Chicho o Mientras el cuerpo aguante (una comedia didáctica)

Fernando Trueba

Non ficción sobre a vida do cantautor e filósofo Chicho Sánchez Ferlosio, fillo do escritor falanxista Rafael Sánchez Mazas e irmán do escritor Rafael Sánchez Ferlosio. O filme retrata a vida cotiá e as reflexións dun cantautor irrepetible, así como o propio dispositivo de rodaxe, con Fernando Trueba a dirixir a súa segunda longametraxe. Un achegamento á vida de Chicho e a súa compañeira Rosa a través das súas cancións de resistencia. Ler máis

Os ollos verdes. O cinema inédito de NUMAX

Ver máis

Liñas de programación

Estrea

Os filmes máis recentes da carteleira, proxectados nas mellores condicións técnicas e sempre en versión orixinal subtitulada no único cinema do centro da cidade.

Repertorio

Reestrea en copias novas de filmes rodados en celuloide e dixitalizados en 2 e 4K, a partir do escaneo dos negativos orixinais. Volve a ver nunha sala os teus filmes preferidos e os clásicos da historia do cinema.

Os ollos verdes

Os ollos verdes é o nome da sección do cinema NUMAX na que se estrean aqueles filmes que traballan por anovar e reformular as maneiras de ver e contar e que non atopan adoito un espazo nas carteleiras.

Ler máis