Colofón

NUMAX é posíbel grazas ao apoio de 182 persoas que avalaron de xeito mancomunado 333.611 euros, o que nos permitiu que a cooperativa de crédito Coop57 nos concedera un crédito para o investimento inicial de 300.000 euros a devolver en sete anos, sen necesidade de recorrer á banca tradicional.

A web de NUMAX abriuse ao público o 18 de marzo de 2015, anunciando o pase en estrea internacional da copia recén dixitalizada en 2K de Nubes Pasaxeiras de Aki Kaurismäki.

 

NUMAX benefíciase do Programa de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais. Operación cofinanciada pola Unión Europea e Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020. "Obter formación e un emprego de calidade. O FSE Inviste no teu futuro"