Quen somos

Ramiro Ledo Cordeiro

Socio traballador (Lugo, 1981) Realizador e montador de vídeo. Os seus filmes víronse en museos, filmotecas e festivais de todo o mundo, entre eles BAFICI (Buenos Aires), FID Marseille, Courtisane (Gante), Márgenes, S8, Cineuropa, Xcéntric, Antofadocs (Antofagasta), CGAI (A Coruña), CCCB (Barcelona) ou Museo Reina Sofía (Madrid). É o responsábel do Cinema NUMAX e de NUMAX Distribución.

Irma Amado

Socia traballadora (Pontedeume, 1982) Traballou como lectora para RBA Libros e foi responsábel das seccións de narrativa francesa, portuguesa, galega, clásicos, lingüística, estudos literarios, cinema, historia e artes do libro e revistas de arte na libraría La Central del Raval (Barcelona), na que traballou durante cinco anos até a súa incorporación a NUMAX. É a responsábel da Libraría NUMAX.

Pablo Cayuela

Socio traballador (Madrid, 1984) Realizador, director de fotografía titulado polo CECC (Barcelona), e montador de vídeo. A súa primeira longametraxe, Fóra (2012), estreouse no CPH:DOX (Copenague), e viuse en museos, mostras e festivais internacionais, entre os cales Museo Reina Sofía (Madrid), Alcances (Cádiz), Play-Doc (Tui), Documenta (Madrid), Kinomuzeum (Varsovia) ou L'Alternativa (Barcelona). É o responsábel de vídeo do Laboratorio NUMAX.

X. Carlos Hidalgo

Socio traballador (A Guarda, 1982) Deseñador gráfico e xornalista, foi responsábel durante dez anos da edición de textos e imaxe gráfica do Cineclube de Compostela e traballou durante sete no estudio de deseño Uqui/Cebra. Publica crítica literaria, ilustración, autoedicións e colaborou no deseño de portadas e cartelaría co selo musical Discos da Máquina. Desde 2013 ocúpase canda Antonio Doñate do deseño da revista Luzes. É o responsábel do Laboratorio NUMAX.

Antonio Doñate

Socio traballador (Madrid, 1969) Deseñador gráfico especializado en deseño cultural, traballou desde 2000 no seu estudio Don gráfica até a súa incorporación a NUMAX. É o responsábel gráfico do MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo), Festival Sinsal ou Culturgal, entre outros. Desde 2013 ocúpase canda X. Carlos Hidalgo do deseño da revista Luzes. Ten dúas novelas publicadas na editorial Caballo de Troya: La paz social e Acceso al comportamiento. É o responsábel de gráfica do Laboratorio NUMAX.


Xan Gómez Viñas

Socio traballador (Ferrol, 1982)
Xornalista e investigador, doutorouse en Ciencias da Comunicación pola USC coa tese Do amateur ao militante: implicacións políticas e estéticas do cinema en formato non profesional na Galiza dos anos setenta. Traballou no departamento de comunicación de Vieiros, Compostela Cultura, Netclub, Emprendia, AGN, IGAPE e Auditorio de Galicia. Foi socio fundador do Cineclube de Compostela e publica crítica cinematográfica en diversos medios especializados. En 2012 dirixe canda Pablo Cayuela o filme documental Fóra, estreado no CPH:DOX de Copenhague. É o responsábel de comunicación de NUMAX.

Mariña de Toro

Socia traballadora (Santiago de Compostela, 1986)
Licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo con estadía na Universitat de Barcelona e Máster en Dirección de Arte e Escenografía pola ESCAC (Barcelona). Completou o ciclo superior de Arquitectura Efémera na EASD Mestre Mateo e o posgrao en Guión e Produción USC-U.Lisboa-New Media College Dublín. É directora de arte, atrecista e ilustradora. Traballou en cinema, teatro e televisión, como intérprete e na coordinación de eventos. É libreira e responsábel de actividades de NUMAX.

Margarita Ledo Andión

(Castro de Rei, 1951) Catedrática de Comunicación Audiovisual da USC, escritora, cineasta e membro da Real Academia Galega. Foi Premio Nacional da Cultura Galega na modalidade de cinema e audiovisual en 2008. É a socia colaboradora de NUMAX.