Libraría

Xita Rubert presenta "Los hechos de Key Biscayne" na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle a presentación de Los hechos de Key Biscayne (Anagrama) de Xita Rubert o vindeiro xoves 19 de decembro ás 20:00h. Este libro é, xunto con Clara y confusa de Cynthia Rimsky, o galardoado co 42.º Premio Herralde de Novela. A autora estará acompañada do escritor Brais Lamela. A entrada é libre ata completar aforo.

«O que cremos protéxenos. O que sabemos déixanos á deriva.» Esta é unha novela de derivas, incertezas e tránsitos. Unha nena, a narradora, está a deixar de selo. Ricardo, o seu pai, cada vez compórtase menos como un pai e máis como un caimán. Key Biscayne, a illa á que chegaron xunto a Nico, o irmán da narradora, é unha microsociedade habitada por nenas que non parecen selo, lagartos, magnates, celebridades, mafiosos e familias moi pouco convencionais. Que é o que sucede alí exactamente? Nada demasiado grave, ao parecer. O perigoso, en Key Biscayne, é sempre outra cousa.

A trama de desastres naturais e persoais precipítase a partir de estrañas amizades, un revólver Colt, tensións domésticas, xogos arriscados e unhas fotografías que nunca deberían tomarse.

Xita Rubert escribiu á vez unha novela de misterio e un libro sobre as ambivalencias do afecto e a memoria. Unha narración tenra, descacharrante e perturbadora a partes iguais que confirma a potencia dunha autora inclasificable.