For a Free Palestine: Films by Palestinian Women

  • Repertorio
  • DCP2K
  • TP
  • VOSE
Pase único 16 de maio

For a Free Palestine: Films by Palestinian Women

  • Repertorio
  • DCP2K
  • TP

A recadación do pase será integramente doada a Medical Aid for Palestinians (MAP), organización que ten por obxectivo dar acceso a toda a poboación palestina a un sistema de atención sanitaria eficaz, sostible e dirixido localmente, así como á plena realización dos seus dereitos á saúde e dignidade.

A sesión contará coa presentación por parte da DJ e activista antirracista Saya Mohamed Matar

Road to Palestine
Layaly Badr | 1985 | 07:00 | ANI | COR
Layla, de sete anos, que resultou ferida de gravidade nun ataque aéreo, vive nun campo de refuxiados nas aforas de Palestina. Layla e as súas amigas describen como imaxinan Palestina, a pesar de non tela visto nunca.

Your Father Was Born A 100 Years Old, And So Was The Nakba
Razan AlSalah | 2017 | 07:00 | DOC | COR
Para alguén que non é un nativo dixital, as marabillas do Google Street View poden resultar abrumadoras e desconcertantes. Cando Oum Amin, unha anciá palestina, é levada polas rúas da súa cidade natal de Haifa, vese inmersa en vívidos recordos do seu pasado.

The Silent Protest: Jerusalem 1929
Mahasen Nasser-Eldin | 2019 | 20:00 | DOC | COR
No 1929, as mulleres palestinas lanzaron o seu movimento feminista. Aproximadamente 300 mulleres de toda Palestina converxeron en Xerusalén. Realizaron unha manifestación silenciosa a través dun convoi de automóbiles para protestar polo prexuízo do Alto Comisionado Británico contra os árabes no levantamento de Buraq. Esta é a súa historia.

Electrical Gaza 
Rosalind Nashashibi | 2015 | 17:00 | DOC-EXP | COR
A cineasta e pintora Rosalind Nashashibi combina as súas imaxes de Gaza con escenas animadas. Presenta a Gaza coma un lugar mitolóxico; illado, suspendido no tempo, de difícil acceso e moi saturado.

The White Elephant 
Shuruq Harb | 2018 | 12:00 | ENS | COR
Empregando imaxes compartidas en Internet por israelíes durante a Guerra do Golfo, a Primeira Intifada e encontros de música tranxe, Shuruq Harb compón o retrato du adolescente palestino nos anos 1990, no espello da cultura pop de Israel.

 

 

  • Título orixinal: For a Free Palestine: Films by Palestinian Women
  • Duración: 63 minutos
  • Idioma orixinal: Varios idiomas
  • Dirección: VV.AA
  • Distribuidora: Another Gaze