Off Galicia: 10 aniversario de Bande à Part

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

Off Galicia: 10 aniversario de Bande à Part

  • Estrea
  • DCP2K

Bande à Part, Escola de Cinema de Barcelona celebra os seus 10 anos coa proxección de Off Galicia, unha escolma de traballos dirixidos por cineastas procedentes de Galicia.

A sesión ten entrada libre até completar aforo. Pódense retirar convites na billeteira de NUMAX desde o xoves 21 de novembro cun máximo de 2 entradas por persoa.

As vacas de Wisconsin | Sara Traba | 16 min | 2016
Unha anciá vive nunha aldea galega coa súa vella Vaca, que xa non dá leite. Un día na tenda do pobo aparece na TV unha nova da Universidade de Wisconsin. Descubriron que as vacas dan máis leite se escoitan música sinfónica! A partir de aquí comeza a aventura da anciá en busca de música clásica e un reprodutor onde poñerlla á súa vaca

Mal de sangue | Pedro Díaz | 15 min | 2013
Recén chegado de faenar, Enrique recibe o golpe de mar máis complicado da súa vida. A saúde da súa muller pende dun fío tras sufrir un grave accidente. O que non sabe este mariñeiro galego é que no hospital agardan segredos e conflitos alén do alcabce da medicina.

Wolves | Álvaro Rodríguez Areny | 11 min | 201
Segunda Guerra Mundial. Arthur, Piloto da Real Forza Aérea británica, foxe campo a través despois de estampar o seu avión. Comeza así unha loita por sobrevivir na que atopará algo máis que inimigos alemáns.

Dans le noir | Silvia Cachafeiro | 11 min | 2018
Dans Le Noir é un restaurante experiencial no que os comensais cean cos ollos vendados. Cada noite o maitre desvívese para que todo saia a perfección. Hoxe ademais debe desenmascarar a Jorge, o mozo fregapratos, do que sospeita que leva algún tempo a roubar diñeiro da caixa. Pero as cousas non son sempre o que parecen.

Os corpos descalzos | Juan Lorenzo Loureiro | 24 min | 2018
Os nenos están a morrer. De calquera xeito, xa non se chaman nenos, senón individuos en desenvolvemento. Un vello home vive nunha comuna, nunha existencia apática e uniforme, só salpicada polas habituais mortes de nenos, cuxos corpos el debe encargarse de retirar.

A pel da soidade | Pau Gutierrez | 2019 | 8 min | 2019
Tras a morte dunha moza muller, o seu gran fogar apoderarase da soidade mostrando o cru e bela que chega a ser esta mesma, así, facéndonos sentir tan sós como na realidade.

Jorge, retrato dun volcán | Antón Suris | 11 min | 2018
España, Galicia, Vigo. Alí se atopa Jorge, un mozo de barrio cun estraño entusiasmo polos volcáns, atrapado entre a marxinalidade e a rutina.

  • Título orixinal: Off Galicia: 10 aniversario de Bande à Part
  • Duración: 100 minutos
  • Dirección: VV.AA.
  • Produtora: Bande à Part