La guitarra flamenca de Yerai Cortés

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

Máis sesións

La guitarra flamenca de Yerai Cortés

Cando C. Tangana coñece a Yerai Cortés queda completamente fascinado co seu talento e intrigado pola súa historia familiar. Yerai é unha figura inusual dentro do flamenco, tan respectada polos xitanos máis tradicionalistas como polos artistas vangardistas da nova onda da que el forma parte. Deciden emprender unha viaxe xuntos para gravaren un disco no que as cancións veñen marcadas por unha gran pena. O propio proceso artístico enfróntao co seu pasado e empúxao a explorar un segredo familiar a través do cal trata de redimir a relación cos seus pais. O resultado é unha película que desenvolve unha experiencia musical única para mergullarnos nunha historia de paixón, amor e perdón.

  • Título orixinal: La guitarra flamenca de Yerai Cortés
  • Ano: 2024
  • Duración: 91 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: C. Tangana
  • Montaxe: Cristóbal Fernández, Marcos Flórez
  • Fotografía: Uri Barcelona, Nauzet Gaspar, Àlvar Riu, Diego Trenas, Arnau Valls
  • Produtora: Santos Bacana, C. Tangana, Cristina Trenas, Chavela Utrera
Mención Especial Novos Directores do Festival de San Sebastián 2024