Anselm - Das Rauschen Der Zeit / Anselm

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

Anselm - Das Rauschen Der Zeit / Anselm

Esta experiencia cinematográfica única afonda no traballo dun artista e revela o camiño da súa vida, a súa inspiración e o seu proceso creativo. Explora a súa fascinación polo mito e pola historia. Pasado e presente entretécense para esvaer a liña entre o cinema e a pintura, o que lle permite ao público mergullarse por completo no extraordinario mundo de Anselm Kiefer, un dos máis grandes artistas contemporáneos. Wim Wenders tomou este retrato único ao longo de dous anos nun impresionante 3D.

Wim Wenders (Dusseldorf, Alemaña). Logo de botar unha tempada en París, en 1967 Wenders volveu a Alemaña e traballou na oficina de Dusseldorf da United Artists. Ao tempo, ingresou na Escola de Cinema e Televisión alemá. Nos tres anos que estudou na escola, traballou tamén como crítico de cinema para diversas revistas e xornais. A que se considera a súa primeira longametraxe é O medo do porteiro ante o penalti (1971). O amigo americano (1977), Lóstrego sobre a auga (1980), O estado das cousas (1982), París, Texas (1982), O ceo sobre Berlín (1987) ou Tan lonxe, tan preto! (1993) son só algúns dous seus títulos máis recoñecidos.

  • Título orixinal: Anselm - Das Rauschen Der Zeit / Anselm
  • Ano: 2023
  • Duración: 93 minutos
  • Idioma orixinal: Alemán
  • Dirección: Wim Wenders
  • Elenco: Anselm Kiefer, Daniel Kiefer, Anton Wenders, Ingeborg Bachmann
  • Montaxe: Maxine Goedicke
  • Música: Leonard Küßner
  • Fotografía: Franz Lustig
  • Produtora: Karsten Brünig, Stephan Mallmann, Jeremy Thomas
Candidata ao Premio Golden Eye no Festival de Cannes 2023