Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

CARLOS L.BERNARDEZ

Maruja Mallo. A pintura da nova muller

Texto de muestra del contenido del libro.

Maruja Mallo. A pintura da nova muller pretende un achegamento á obra pictórica de Ana María Gómez González (Maruja Mallo, Viveiro, 1902-Madrid, 1995). Unha personalidade de intensa vida -vivida e mitificada- que alimentou unha construción icónica desenvolvida ao longo da súa existencia, a xeito de autorrealización.


O libro oriéntase na dirección de evitar o anecdótico para salientar os aspectos estritamente artísticos situados, no entanto, no contexto xeral cultural e histórico, sen esquecer, evidentemente, o biográfico.


Preténdese subliñar os valores artísticos da pintora, na convición de que paga a pena ficar co mellor da artista, non co mito, con ser este ben atractivo, senón coa pintura, que ten un posto na Historia da Arte con maiúsculas, non como unha artista menor máis, senón como unha auténtica creadora que reclama o seu lugar no discurso da historia da pintura do século xx, sen que iso implique esquecermos a muller que procurou e conseguiu rachar barreiras na vida e na arte e que conseguiu plasmar coa súa obra a imaxe da nova muller que, como as súa bañista de finais dos vinte, camiña con paso firme e con vontade de inequívoca afirmación de liberdade.
  • Editorial: Trea |
  • Páxinas: 96 |
  • Dimensións: 170x240 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-95364-98-2 |