A lingua das bolboretas
Manuel Rivas obtivo o Premio Nacional de Literatura no ano 1996 co libro ¿Que me queres amor?, que anteriormente tamén recibira o premio Torrente Ballester. Un dos relatos incluídos neste libro é A lingua das bolboretas, que a finais do ano 2005 Editorial Galaxia edita cun deseño especial, ilustrado por Miguelanxo Prado, un dos grandes debuxantes galegos. Unha publicación que conta coa colaboración da Asociación AIAN de comerciantes de Vigo. O orixinal universo literario de Manolo Rivas unido á capacidade plástica para explicar emocións e retratar personaxes e ambientes de Miguelanxo Prado poñen nas mans de lectores e lectoras unha senlleira edición de A lingua das bolboretas. O relato de Manuel Rivas, que xa se atopa entre os contos de meirande popularidade da literatura galega, segue a soprender e emocionar nesta nova edición na que as ilustracións botan unha luz diferente sobre un texto que gaña matices e intensidade con cada nova lectura.
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2015 |
- Páxinas: 40 |
- Dimensións: 160x200 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-8288-874-3 |