Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Breviario breve da devoción popular

O libro, onde o autor recolle diferentes xeitos populares de oracións, rezos e outras formas de expresión, é froito dun traballo de moitos anos de andar polas aldeas galegas escoitando a xente para interesarse polo que dicían, cantaban ou contaban e tamén por como o dicían, cantaban e contaban. Un traballo etnográfico que agora se mostra para unha interpretación desde o presente. Documentos que falan dun xeito entender e estar no mundo, que formaban parte dunha cosmovisión dentro dun sistema cultural propio. Mais ese xeito de entender e estar no mundo estaba mudando por mor dos cambios sociais e económicos que a sociedade estaba experimentando na segunda metade do século XX. Cambios que poden valer para avanzar, mais tamén para desmontar o anterior, rompendo o sistema de transmisión. Por iso, a recolla é un xeito de recuperar e salvagardar unha información, pero tamén un xeito de dignificar a xente que así se expresaba, a súa cultura, o seu xeito de entender o mundo e, como non, a súa lingua.
  • Editorial: Museo do pobo galego |
  • Páxinas: 260 |
  • Dimensións: 180x230 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-88508-79-9 |