Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Rubín, David

O LUME

Un inmenso asteroide aproxímase á Terra en traxectoria de colisión. Alexander Yorba, afamado arquitecto de mediana idade, é o encargado de idear e erguer con urxencia unha colonia lunar para asegurar a superviviencia da humanidade ante o inevitable desastre. Inmerso nesa contrucción, diagnostícanlle un tumor cerebral en fase terminal; apenas lle quedan de vida os mesmos meses que faltan para que o asteroide colida co noso planeta. Este dramático feito fai que reconsidere a súa propia natureza profesional e persoal, o que o leva a renunciar aos seus labores na colonia para reunirse coa súa familia; coa que case non ten contacto. Unha decisión que desencadeará unha serie de fatídicos acontecementos que danarán o crédito profesional e a vida familiar de Alexander, e que o conderán a vagar nunha drámatica, visceral e reveladora odisea por diferentes lugares do mundo: unha desesperada carreira cara á fin dos tempos, contra a morte, a locura e a súa propia e atormentada conciencia.
  • Editorial: Demo |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-126120-0-4 |