A libraría NUMAX vén de gañar o Premio Libraría Cultural 2026, outorgado pola Confederación Española de Gremios e Asociacións de Librarías (CEGAL), co apoio do Ministerio de Cultura, polo “seu compromiso cultural, a súa bibliodiversidade desde o xenérico e desde a propia cuestión idiomática, sendo moi reseñable a súa aposta pola lingua galega”. NUMAX é a primeira librería galega en introducirse nun palmarés con 27 anos de traxectoria que recoñece a labor de dinamización cultural das librarías de todo o Estado.
Ver máis