NUMAX é unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro, polo que:
- Non pode contar con cargos directivos retribuídos.
- Non pode repartir o excedente económico entre as persoas socias, todo se reinviste na cooperativa.
- Non pode retribuír o capital social achegado nunha porcentaxe superior ao xuro legal do diñeiro.
- Non pode retribuír o traballo das socias con importes superiores nun 50% aos salarios establecidos nos convenios laborais de referencia.
A cooperativa ten percibido distintos apoios e financiamento público e só conta con financiamento externo da cooperativa de servizos financeiros Coop57, da que é socia. O saldo vivo das débedas financeiras a finais de 2024 ascendía a XXX euros.
A propiedade é colectiva, ríxese polo modelo democrático unha socia, un voto. Aposta por unha organización horizontal, sen xerarquías e cun reparto equilibrado de responsabilidades.
O volume de ingresos da cooperativa en 2024 ascendeu a XXX euros e obtivo un resultado provisional de XXX euros. Os Fondos Propios da cooperativa ascenden a XXX euros.
Guíase pola máxima de a igual traballo, igual retribución. As diferenzas entre socias traballadoras son mínimas e atenden a criterios obxectivos. Non pode existir unha diferenza superior ao 25% entre a retribución das socias e a da traballadora co salario máis baixo.