Estreno de «A Foreign Song», de César Souto, con presentación y coloquio con el equipo de la película

Estamos muy felices de ser una de las salas de estreno de A Foreign Song, obra del cineasta noiés César Souto que ofrece un hermoso retrato del poeta modernista estadounidense Wallace Stevens. El estreno será el viernes 25 de abril a las 19:45h en un evento que contará con presentación y coloquio con César Souto, acompañado del director de fotografía Alberte Branco y el productor Daniel Froiz. En NUMAX tenemos además una estrecha vinculación con la obra pues en nuestro Laboratorio se llevó a cabo el montaje (Marcos Flórez), etalonaje (Pablo Cayuela) y diseño gráfico (X. Carlos Hidalgo) del filme.
Levou o seu tempo, pero A Foreign Song xa está connosco! A película dirixida por César Souto (Noia, 1975) foi recoñecida en 2022 co Premio á Mellor Película Española e Mellor Dirección no Festival de Xixón e foi finalista nos Premios Mestre Mateo 2023 nas categorías de Mellor Documental, Mellor Dirección de Fotografía e Mellor Dirección de Produción.
A estrea en salas de A Foreign Song arranca no Cinema NUMAX cun evento especial o venres 25 ás 19:45h. Tamén celebraremos pases, xa sen presenza do autor, o sábado 26 (19:20h) e o domingo 27 (19:45h). Xa se pode reservar praza para calquera destas tres sesións.
A Foreign Song mergúllanos na figura do poeta modernista Wallace Stevens, un autor que levou unha vida afastada dos círculos literarios, pero que agochaba unha das voces poéticas máis singulares do século XX. A través dunha mirada íntima, o filme propón unha reflexión sobre a identidade, a memoria e o acto de crear, explorando a idea de que a poesía, como defendía Stevens, non pertence á experiencia persoal senón que é a voz dun Outro.
Sinopse
Traballou nunha compañía de seguros durante 40 años. Todos os días erguíase ás seis e deitábase ás nove. Na súa vida non hai peripecias destacables nin episodios extravagantes. Ninguén diría que este home de vida ordinaria e aburrida é o autor dunha das obras poéticas máis singulares do século XX.
Cando lle pediron unha reseña biográfica para presentar a súa obra, o poeta modernista estadounidense Wallace Stevens rexeitou escribila. Cría profundamente que a poesía non é algo persoal e que a voz que estaba detrás dos seus poemas era en realidade a voz doutra persoa.
Alguén, ao lonxe, observa as casas idénticas nos suburbios solitarios dos Estados Unidos. Na cidade do diñeiro, onte coma hoxe, unha multitude camiña sen descanso. Voces sen rostro len fragmentos das cartas do poeta. El mesmo recita os seus poemas. Un paxaro de plumas douradas canta unha canción.