Cinema

En carteleira

Ver todos os filmes

A invitación.

Olivia Wilde

O matrimonio de Joe e Angela atravesa unha situación moi delicada. Cando invitan aos seus enigmáticos veciños de arriba, Pina e Hawk, a unha cea, a noite toma un rumbo inesperado. Conseguirán reavivar a chispa da súa relación ou será a mecha definitiva que fará estoupar todo? Ler máis

Rapsodia en agosto

Akira Kurosawa

Fonda reflexión sobre o holocausto nuclear de Nagasaki desde o punto de vista dunha supervivente e os seus catro netos. Entre sorrisos e bágoas, a avoa lembra a historia da súa familia e da sociedade xaponesa do seu tempo, tentando comprender mellor o pasado e o presente. Ler máis

Filmes contra a guerra

Proximamente

The Birds / Os paxaros

Alfred Hitchcock

Melanie Daniels, unha moza rica e snob da alta sociedade de San Francisco, coñece casualmente a Mitch Brenner nunha tenda de animais e decide seguilo ata Bodega Bay, onde vive coa súa familia. A súa chegada coincide cunha serie de ataques inexplicables de paxaros contra os habitantes da localidade. Ler máis

Cineuropa 2026

Ver máis

Liñas de programación

Estrea

Os filmes máis recentes da carteleira, proxectados nas mellores condicións técnicas e sempre en versión orixinal subtitulada no único cinema do centro da cidade.

Repertorio

Reestrea en copias novas de filmes rodados en celuloide e dixitalizados en 2 e 4K, a partir do escaneo dos negativos orixinais. Volve a ver nunha sala os teus filmes preferidos e os clásicos da historia do cinema.

Os ollos verdes

Os ollos verdes é o nome da sección do cinema NUMAX na que se estrean aqueles filmes que traballan por anovar e reformular as maneiras de ver e contar e que non atopan adoito un espazo nas carteleiras.

Ler máis