Isolda Santiago presenta Escrita oculta (Chan da Pólvora) na Libraría NUMAX o venres 7 de novembro ás 20h. A autora estará acompañada pola xornalista Carme Vidal. A entrada é libre ata completar aforo.
Libraría NUMAX naceu en 2015 con vocación de ofrecer unha escolla orixinal e diversa de libros e converterse en lugar de encontro entre o público e os distintos axentes culturais implicados no mundo do libro. Viñemos para sumar e, así, enriquecer o mapa de librarías da cidade. Coñece máis sobre a libraría