A Libraría NUMAX acolle a presentación de «A liberdade que me habita» de Beatriz Cabaleiro
Beatriz Cabaleiro presenta A liberdade que me habita (Aira) o martes 17 de novembro ás 19:00h na Libraría NUMAX. A autora estará acompañada pola poeta Inés Mosquera e o director da editorial, César Lorenzo. A entrada é libre ata completar aforo.
Zahira está a piques de competir na proba que pode decidir o seu futuro. Será a primeira triatleta que represente a Marrocos nuns Xogos Olímpicos? Mais a auténtica carreira foi chegar até alí. A emigración a Galicia, a tensión entre a cultura dos seus pais e a nova vida en Europa. O deporte é a súa maneira de reivindicar un lugar no mundo, o xeito de reclamar a liberdade que a habita.
Beatriz Cabaleiro (O Porriño, 1992) é xornalista e docente. Autora do libro infantil Clover, unha porquiña diferente (Aira, 2020), finalista do Premio Frei Martín Sarmiento. A liberdade que me habita é a súa primeira novela.
- Hoxe
- Ver máis