Carlos Risco presenta "Objetos a los que acompaño" na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle a presentación do libro Objetos a los que acompaño (Círculo de Tiza) de Carlos Risco o vindeiro luns 20 de xaneiro ás 19:00h. O autor estará acompañado da escritora María Sánchez. A entrada é libre ata completar aforo.
“Hai pouco que regresei a Galicia. Supoño que un se vai para volver e é precisamente ese o sentido de irse. Agora vivo nunha aldea despoboada no interior despoboado dun país despoboado. Vin a esta aldea sen veciños porque, aínda que me gustan as persoas, tamén me molesta a súa compañía. Atopei esta casa. Ou ela atopoume a min, porque foi todo sinxelo e rápido, como nos bos amores. Na intimidade dunha vida silenciosa, o útil fálanos mellor. As cousas cotiás, as do traballo na cociña, as ferramentas da horta, a roupa coa que un envellece, teñen esa misión de compañía, foron feitas para facer a vida fácil. E é aquí onde nos falan nunha linguaxe máis sinxela e máis próxima. Son, ademais, cousas fermosas, porque todo o útil é tamén fermoso.
Hai algunhas cousas coas que nos cruzamos para longo. Elas e nós sabémolo. Canto máis as usamos, máis as amamos. Este libriño é un conxunto de amores. Aquí están cen obxectos aos que acompaño. Cen obxectos aos que quero dunha maneira profunda e transparente. Acompáñoos porque eles estaban antes que eu e seguirán estando cando me vaia. Son herdanzas e serán herdanzas de mercadoría, porque as vidas rematan nos cemiterios e tamén nos mercados.”
Todos temos os nosos obxectos favoritos e queremos ás cousas. Quizais porque a vida vai de querer.
É urxente que o ben feito non cambie.
- Martes
- Ver máis
-
-
Oh, Canada
VOSG
-
-
A luz que imaxinamos
VOSE
-
-
Nai
VOSE
-
-
Queer
VOSE