Curtametraxes Buster Keaton: O gardacostas + A barca + O chibo

  • Repertorio
  • DCP2K
  • TP
  • VOSE

Máis sesións

Curtametraxes Buster Keaton: O gardacostas + A barca + O chibo

Sábado 21 e luns 23 de decembro | 70 min

O gardacostas
The High Sign | Buster Keaton | 1921 | 21 min
Buster é expulsado dun tren preto dun parque de atraccións. Alí consegue traballo nunha parada de tiro ao branco, cuxo dono é o xefe dunha banda de criminais. Cando este lle ordena a Buster que asasine un home de negocios, encargarase de protexelo a el e á súa filla

A barca
The Boat | Buster Keaton | 1921 | 25 min
Buster Keaton marcha coa súa esposa e os seus dous petís a probar o seu barquiño recén construído coas súas propias mans. Pero nada máis saír de casa, ten o primeiro incidente, o barco é máis grande que a porta do garaxe, o que provoca que toda a casa se veña abaixo. Logo irán botar o barco e a navegar, pero van ser sorprendidos por unha gran treboada.

O chibo
The Goat | Buster Keaton | 1921 | 24 min
Tras ser confundido co famoso foraxido Dead Shot Dan, Buster Keaton é perseguido por toda a cidade polo xefe da policía local. Buscando un lugar onde agocharse, refúxia en casa de Virginia, sen saber que a moza é a filla do xefe de policía.

  • Título orixinal: The High Sign + The Boat + The Goat
  • Ano: 1922
  • Duración: 70 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Buster Keaton, Edward F. Cline
  • Guión: Buster Keaton, Edward F. Cline