A 20ª MICE vívese en NUMAX

Un ano máis no Cinema NUMAX estamos moi felices de sermos unha das sedes da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico que neste 2025 cumpre o seu 20º aniversario. A presente edición terá sesións en NUMAX do 13 ao 15 de marzo pertencentes á programación Impropias que está dedicada á documentalista letoa Laila Pakalnina. As entradas son gratuítas até completar aforo e xa podes reservar praza na nosa web ou billeteira cun máximo de 2 entradas por persoa.

Os tres pases da 20ª MICE en NUMAX contarán coa presenza de Pakalnina (Liepaja, Letonia, 1962), unha das principais referentes da cinematografía do seu país e das Repúblicas Bálticas. O seu cinema, afastado da solemnidade, repasa o absurdo de certas situacións que enfronta ás veces cun humor sutil e outras moito máis explicito. Durante o Festival, Pakalnina presentará seis das súas pezas e conversará coas persoas asistentes ás proxeccións.

Xoves 13 | 18:00h
On Rubik's Road (2010, 30') + Snow Crazy (2012, 34')
Presentación de Laila Pakalnina

Venres 14 | 18:00h
Short Film About Life (2014, 2') + Chimney (2013, 53')
Coloquio posterior entre Laila Pakalnina e Eloy Domínguez Serén

Sábado 15 | 19:30h
Hi, Rasma! (2015, 38') + Waterfall (2020, 21')
Presentación de Laila Pakalina