Cinema

Cinco novas citas co ciclo «Os ollos verdes» na recta final de 2019

As últimas semanas do ano chegan cargadas de sorpresas ao ciclo Os ollos verdes. O cinema inédito de NUMAX, coa proxección en pases únicos de obras de culto (Cando fomos bruxas), agardados títulos da tempada (Liberté, Love Me Not, Letters to Paul Morrisey) e a presentación en sala, a cargo de Adán Aliaga, de El cuarto reino.

  • Luns 25 de novembro | 20:30 | Cando fomos bruxas (Nietzchka Keene, 78', 1990)
    Obra de culto do cinema islandés e debut na gran pantalla de Björk nunca exhibida en España. Unha historia de misterio e bruxaría ambientada nas fascinantes paisaxes da montaña islandesa.
     
  • Luns 2 de decembro | El cuarto reino. El reino de los plásticos (Adán Aliaga, 83')
    O cineasta alacantino Adán Aliaga presentará o seu novo documental que nos achega a The Fourth Kingdom, un xigantesco centro de reciclaxe de latas de Nova York que nos ofrece a outra face do soño americano.
     
  • Luns 9 de decembro | Love Me Not (Luis Miñarro, 83')
    Luis Miñarro ofrece unha delirante comedia do absurdo coa Guerra de Iraq como pano de fondo. Versión libérrima do mito de Salomé coa sempre estupenda Ingrid García Jonsson como protagonista e o sorprendente debut ante a cámara do cineasta Oliver Laxe.
     
  • Luns 16 de decembro | Liberté (Albert Serra, 133')
    O xenial e irreverente Albert Serra trasládanos aos anos anteriores á Revolución Francesa onde un grupo de libertinos expulsados do país queren exportar as súas ideas e prácticas licenciosas a Alemaña. Premio Especial do Xurado na sección Un Certain Regard do Festival de Cannes.
     
  • Luns 23 de decembro | Letters to Paul Morrisey (Amand Rovira, 80')
    Armand Rovira lánzase á tarefa de filmar cartas para enviarllas a Paul Morrisey, director de Trash, Flesh e Heat, colaborador de Andy Warhol e representante da Velvet Underground de Lou Reed.