Libraría

Pablo Orza presenta Somatizar GZ na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle a presentación de Somatizar GZ de Pablo Orza o venres 30 de xaneiro ás 19h. O autor estará acompañado polo docente e investigador Germán Labrador e o artista Edu Valiña. A entrada é libre ata completar aforo.

Somatizar GZ nace como catálogo da exposición 3 descensos GZ que Pablo Orza realizoun na Fundación Eugenio Granell e na que despregaba máis de 20 anos de pezas, proxectos e reflexións plásticas sobre Galicia. Neste proxecto interdisciplinar, o territorio, a identidade e a autorreferencia converxen nun espazo de representación propio, conformado nun lugar de creación alonxado do establecido para crear vínculos, a través dunha ampla proposta con diferentes parcelas sensoriais.

O libro foi deseñado e maquetado polo artista MauroTrastoy; un texto introdutorio do artista Edu Valiña, conservador xefe da Fundación Granell; e un extenso texto, espallado polo catálogo en diferentes epígrafes, de Germán Labrador.  

Pablo Orza graduouse coma licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca no ano 1993 e continuou os seus estudos na Universidade Politécnica de Valencia. A mediados dos anos noventa traballou no Studio Arts Centers Internacional de Florencia iniciando a súa carreira profesional coma artista, participando nunha ampla variedade de proxectos en toda Galiza. Participa no taller de Lucio Muñoz do MACUF e artella diversas mostras en distintas cidades galegas. Ademais inicia unha carreira nacional e internacional en Italia, Nova York e Portugal, ente outros. O artista móvese nun amplo abano de técnicas e soportes como a colaxe, o debuxo, a pintura, a fotografía, a escrita, as instalacións, a escultura, a música ou a performance, entre outras. Un traballo marcado pola liberdade, onde o abstracto fúndese co figurativo para crear un cambio na forma coa que nos relacionamos co mundo.