Paula Melchor presenta «Un conjuro» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle a presentación de Un conjuro (Letraversal) de Paula Melchor o mércores 27 de maio ás 19:00h. A autora estará acompañada polo xornalista Adrián Viéitez. A entrada é libre ata completar aforo.
Como a voz de Chrétien de Troyes en Li contes du graal, historia absoluta da cabalaría, a máis importante, unha historia incompleta sobre un raparigo que non sabe nada, nin sequera o seu nome. Semellante é esta historia dunha xograresa que non sabe case nada, nin sequera o nome do seu amor, ao que atopou e salvou nun río. E con todo, o non saber, é tan prolixo en saberes. Só a través dunha vida de non saber pódense recibir as ensinanzas máis luminosas e as máis escuras. (…) Cada lector destes poemas vai levar por esconxuro de palabras uns ollos de cervato, que serven para mirar cousas pequenas, aventuras pequenas, como as da xograresa, todas moi asombrosas, pero á vez, tan normais (Non resulta así a vida todo o tempo?). E iso é do mellor que pode facer un libro. Cambiarche a mirada. Torcela un pouco, deixala así virada.
Paula Melchor (El Real de la Jara, 2000) publicou tamén en 2022 Amor y pan. Notas sobre el hambre (Letraversal).
- Hoxe
- Ver máis
-
-
A moza do coro
VOSE
-
-
Resurrection
VOSE