Cinema

Presentacións e coloquios na primeira semana de «Longa noite» en NUMAX

Xa está aquí a esperada estrea de Longa noite, o novo filme de Eloy Enciso que nos traslada aos tempos da posguerra a partir de textos de Max Aub, Luís Seoane ou Alfonso Sastre. Para acompañalo temos preparada unha primeira semana chea de felices encontros, presentacións e coloquios. Toma boa nota e achégate a gozar dun dos grandes títulos de 2019!

Tras un gran percorrido en festivais de primeiro nivel como Locarno (Mellor Dirección para a Crítica Independente), Sevilla, Toronto, Nova York ou Mar del Plata (Mención Especial do Xurado), chega ás pantallas de todo o país Longa noite, do cineasta lugués Eloy Enciso. Dámosvos conta a continuación das proxeccións que, en primeira semana, contarán coa presentación e coloquio por parte do equipo técnico e artístico do filme e convidadas que ofrecerán diferentes achegas e perspectivas sobre o filme:

Xoves 5 de decembro | 19:45 e 22:00
Presentación e coloquio con Eloy Enciso e a equipa do filme ás 19:45 e só presentación na das 22:00.

Venres 6 de decembro | 20:00
Presentación da produtora Beli Martínez

Sábado 7 de decembro | 19:45
Presentación de Dolores Vilavedra, ensaísta e profesora da USC

Domingo 8 de decembro | 18:00
Presentación do escritor Suso de Toro

Luns 9 de decembro | 21:00
Presentación de Margarita Ledo, escritora, cineasta e catedrática da USC

Martes 10 de decembro | 18:00
Presentación e coloquio cos actores Zé Paredes e Nuria Lestegás

Mércores 11 de decembro | 20:00
Presentación e coloquio con [email protected] de Histagra e Nomesevoces

Xoves 12 de decembro | 20:15
Presentación e coloquio cos actores Fernando García e Luís Martínez