LUX Audience Award

En carteleira

Ver a programación

Sorda

Eva Libertad

Ángela, unha muller xorda, vai ter un bebé con Héctor, a súa parella ouvinte. O embarazo fai aflorar os seus medos fronte a maternidade e sobre como poderá comunicarse coa súa filla. Ler máis

Love Me Tender

Anna Cazenave Cambet

No final do verán, Clémence cóntalle ao seu ex marido que mantén relacións amorosas con mulleres. A súa vida vénse abaixo cando el queda coa custodia do fillo que teñen en común. Clémence deberá loitar para seguir sendo nai, muller e libre. Ler máis

Un simple accidente

Jafar Panahi

O que semella un pequeno accidente de coche convértese axiña no detonante dunha cadea de eventos inesperados e cada vez máis graves. A medida que as repercusións se expanden, os involucrados vense arrastrados a situacións fóra do seu control, enfrontando decisións difíciles e consecuencias irreversibles. Ler máis

Valor sentimental

Joachim Trier

As irmás Nora e Agnes reencóntranse co seu distanciado pai, o carismático Gustav, un antigo director de renome que lle ofrece á súa filla Nora, actriz de teatro, un papel na súa próxima película. Nora rexéitao e pronto descobre que lle deu o seu papel a unha nova e entusiasta estrela de Hollywood. Ler máis

Filmes xa programados

Close

Lukas Dhont

O filme explora a estreita amizade entre dous rapaces de trece anos, Léo e Rémi, en plena transición cara a adolescencia. Ler máis

Fogo fatuo

João Pedro Rodrigues

No seu leito de morte, a súa alteza real Alfredo, rei sen coroa, regresa a afastados recordos de xuventude e á época na que soñaba con ser bombeiro. O encontro co instrutor Afonso, do corpo de bombeiro, abre un novo capítulo na vida dos dous mozos. Ler máis

O triángulo da tristeza

Ruben Östlund

Unha parella de modelos son convidados a un cruceiro de luxo. Cando o iate afunde acaban nunha illa deserta cun grupo de multimillonarios e unha señora da limpeza. Na loita pola supervivencia, as antigas xerarquías mudan xa que a limpadora é a única que sabe pescar. Ler máis