
A boca aberta
Drama centrado nunha muller que se atopa na última etapa dunha enfermidade terminal e as consecuencias que esta situación ten nos seus seres máis próximos. Ler máis
Drama centrado nunha muller que se atopa na última etapa dunha enfermidade terminal e as consecuencias que esta situación ten nos seus seres máis próximos. Ler máis
Nunha cidade do norte de Francia, uns cantos adolescentes ven achegarse o exame de bacharelato cunha ansiedade atemperada pola indiferenza. Para eles é un ano de conflitos cos adultos e cos seus mestres, que ven o exame como un pasaporte ao traballo. Máis ben un pasaporte ao paro, pensan os desilusionados mozos. Ler máis
Nelly, unha muller burguesa de vida ordenada, coñece unha noite a Loulou, un mozo marxinal. Cando o seu marido a bota violentamente de casa, vai vivir con el. Axiña queda embarazada, pero Loulou non cambia a súa vida de inadaptado, dividida entre os amigos e os pequenos roubos nocturnos. Ler máis
O inspector Maugin vai á caza de traficantes de droga de pouca monta. Nunha redada policial, coñece a Noria, a noiva dun camelo, e namora dela. Ler máis
Un seminarista mediocre, o abade Donissan, atormentado polo mal e polo fracaso da súa misión, autoinflíxese mortificacións e non logra conectar cos seus fregueses. Ata o día que coñece a moza Mouchette, que acaba de cometer un grave pecado. Ler máis
Gérard ve medrar o seu fillo, o pequeno Antoine. Ten a sensación de que nunca quixo tanto a ninguén e ninguén o quixo tanto. Están Sophie, a súa exmuller, a súa amante… E a vida segue. Ler máis
Serie de curtametraxes documentais realizadas durante as viaxes de Maurice Pialat a Turquía en 1963. Ler máis
Tras estar internado no manicomio, Vincent Van Gogh instálase en Auvers-sur-Oise, en casa do doutor Gachet, un afeccionado á arte. Os últimos días do pintor están marcados polas súas conflitivas relacións co seu irmán Theo e pola súa inestable saúde mental. Ler máis
Despois de ter sido abandonado por seus pais, François, un neno de nove anos, é acollido por unha familia obreira. Pero decátanse de que o neno ten graves problemas de comportamento e axiña se converte nunha carga para eles. Os servizos sociais búscanlle unha nova familia de acollida, unha vella parella que coida doutro neno abandonado. Ler máis
Suzanne é unha moza de dezaseis anos cunha vida sexual moi activa pero sen interese polas relacións románticas. Na súa casa, a situación é tensa: seu pai abandonounos, súa nai ten tendencias neuróticas e seu irmán bate nela. Ler máis
Crónica da degradación dunha parella. A partir dos avatares amorosos de Jean, un cineasta colérico e violento, e Catherine, amante infantil e neurótica, Pialat traza o relato implacable dun amor que se resiste á súa disolución. Ler máis