WOS Cinema x NUMAX 2019

En carteleira

Ver a programación

WOS Cinema x NUMAX: Ryuichi Sakamoto: CODA

Stephen Nomura Schible

Entre as inspiracións que recolle «Ryuichi Sakamoto: CODA» atópanse as composicións corais para órgano de Bach, as películas e fotografías de Andrei Tarkovsky, as palabras de Paul Bowles e J. Robert Oppenheimer, e sons da natureza recompilados en lugares tan afastados como un glaciar do Círculo Polar Ártico ou o lago Turkana, Quenia, onde foron achados os restos humanos máis antigos do mundo. Ler máis

WOS Cinema x NUMAX: 7 Limbos

Berio Molina, Alexandre Cancelo

Sete grupos de enmascarados percorren diferentes paisaxes. Nas súas codias levan fósiles debuxados, a presenza dunha identidade descoñecida. Cos seus movementos golpean o chan das cidades e fan vibrar as súas estruturas, a súas construcións, modificando a paisaxe sonora que escoitan os seus habitantes. Ler máis