7291

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

7291

En xuño do 2020 iníciase na Asemblea de Madrid unha Comisión de Investigación sobre as persoas falecidas durante a primeira onda da pandemia do Covid-19 nas residencias de maiores da Comunidade Autónoma de Madrid (CAM). Segundo datos da CAM, nos meses de marzo e abril do 2020 faleceron 9470 persoas que vivían nestas residencias. Só 2179 delas recibiron atención hospitalaria e 7291 non tiveron derivación. No 2021, a Presidenta da CAM, Isabel Díaz Ayuso, convoca novas eleccións. A nova maioría da Asamblea de Madrid decide non continuar cos traballos  desa Comisión. En consecuencia, os máximos responsables políticos xa non se ven obrigados a declarar e a investigación queda inconclusa. En setembro do 2023, asociacións de afectados promoven unha Comisión Cidadá, presidida polo xurista José Antonio Martín Pallín, para continuar coa  investigación sobre o acontecido nas residencias de maiores da CAM. Do goberno da CAM no 2020 só declarou Alberto Reyero, exconselleiro de Políticas Sociais.

  • Título orixinal: 7291
  • Ano: 2024
  • Duración: 123 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Juanjo Castro
  • Música: Jose Camacho
  • Produtora: Jose Camacho