A barca do vento

  • Estrea
  • DCP2K
  • +6
  • VO

A barca do vento

A través do programa de curtametraxes A barca e o vento entonamos un canto á diversidade estética á vez que viaxamos a diferentes paisaxes físicos e emocionais que nos fan apreciar a grandeza da natureza e a necesidade de vivir en concordia.

Un equipo de rescate que se enfronta ós desafíos da alta montaña nunha operación de salvamento en Fóra de pista, o marabilloso descubrimento que fan das plantas Patouille e Momo en Patouille e as sementes de paracaídas, a comunidade de gotas que perseguen ás nubes para converterse en auga en Gotas, a cativa das illas do norte que espera que o seu pai volva traballar no mar en  Maïja, e Noa, a nena acabada de chegar á illa de Benac que persevera para superar as diferenzas sociais transformándose nunha pequena heroína contemporánea en A barca do vento.

  • Título orixinal: La barca del viento. Noa y otros cuentos
  • Ano: 2022
  • Duración: 52 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: VVAA
  • Guión: VVAA
  • Elenco: Aminación
  • Distribuidora: Pack Màgic