A bela e a besta

  • Repertorio
  • DCP2K
  • +7
  • VE
Pases 27 e 28 de xullo

A bela e a besta

Érase unha vez un comerciante arruinado que vivía co seu  fillo Ludovic e as súas tres fillas. Dúas delas, Felicie e Adelaide, son seres egoístas que explotan á súa irmá pequena Bela. Un día, o pai pérdese no bosque e chega ata un castelo. Alí atopa unha fermosa rosa e decide collela para Bela, entón aparece o señor do castelo que lle impoñerá un duro castigo pola súa ousadía.

Filme baseado na obra homónima La Belle et la Bête da escritora Jeanne-Marie Leprince de Beaumont.

  • Título orixinal: La Belle et la Bête
  • Ano: 1946
  • Duración: 90 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Jean Cocteau
  • Guión: Jean Cocteau. Conto: Jeanne-Marie Leprince de Beaumont
  • Elenco: Jean Marais, Josette Day, Mila Parély, Nane Germon, Michel Auclair, Raoul Marco, Marcel André
  • Música: Georges Auric
  • Fotografía: Henri Alekan (B&W)
  • Produtora: DisCina
  • Distribuidora: Acontracorriente