A illa das aves

  • Estrea
  • DCP2K
  • +6
  • VE

A illa das aves

As historias que conforman o programa de curtametraxes de A illa das aves son un convite a conversar coa natureza desde a mirada curiosa de tres nenas que senten o impulso de desafiar os seus medos para achegarse ao descoñecido e aprender. Á súa vez, as tres nenas viven experiencias de inmersión en entornos naturais: unha illa chea de paxaros, un xardín comunitario e un bosque.

En A illa das aves coñecemos a Eli, unha nena de dez anos cunha imaxinación desbordante a quen lle encantar os paxaros. En Susi no xardín, a protagonista descobre un xardín misterioso no que vive alguén que lle desperta medo e curiosidade á vez. En Ás agachadas, mentres un grupo de crianzas xogan, unha nena adéntrase no bosque e vai parar a un lugar moi afastado.
 

O filme, dobrado ao castelán, exhíbese tamén con subtítulos, para fomentar a lectura e facelo accesible a nenas e nenos con dificultades auditivas.

  • Título orixinal: La isla de las aves
  • Ano: 2023
  • Duración: 55 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: VVAA
  • Distribuidora: Pack Màgic