A noite de Halloween

  • Repertorio
  • DCP2K
  • +18
  • VOSE

Máis sesións

A noite de Halloween

Durante a noite de Halloween, Michael, un neno de seis anos, asasina á súa familia cun coitelo de cociña. É internado nun psiquiátrico do que foxe quince anos máis tarde, precisamente a véspera de Halloween. O psicópata volve á súa vila e comete unha serie de asasinatos. Mentres, un dos médicos do psiquiátrico séguelle a pista. 

O Especial Noite de Samaín complétase ás 21:10h con Carrie, de Brian de Palma. Podes ver cada filme por separado ao prezo habitual ou asistir a ambos por un prezo especial reducido de 10€ —7€ no caso das abonadas de NUMAX—. Esta rebaixa só pode efectuarse nas compras en billeteira.

  • Título orixinal: Halloween
  • Ano: 1978
  • Duración: 93 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: John Carpenter
  • Guión: John Carpenter, Debra Hill
  • Elenco: Jamie Lee Curtis, Donald Pleasence, P. J. Soles, Nancy Loomis
  • Montaxe: Tommy Lee Wallace, Charles Bornstein
  • Dirección de arte: Tommy Lee Wallace, Randy Moore
  • Vestiario: Beth Rodgers
  • Son: Thomas Causey, Joseph F. Brennan, William L. Stevenson
  • Música: John Carpenter
  • Fotografía: Dean Cundey
  • Produtora: Compass International Pictures, Falcon International Productions. Productor: John Carpenter
  • Distribuidora: Penteo