A savana e a montanha

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

A savana e a montanha

Un documental híbrido captura a loita creativa dos habitantes de Covas do Barroso, no norte de Portugal, contra os plans da empresa británica Savannah Resources, que quere construír a mina de litio a ceo aberto máis grande de Europa a poucos metros das súas casas. Ante esta ameaza inminente, a comunidade reúnese para organizarse e expulsar a compañía das súas terras, utilizando actuacións musicais e escenificacións inspiradas no oeste para visibilizar a súa resistencia. A través da arte e da solidariedade, os veciños non só defenden o seu territorio, senón que tamén  firman a súa identidade cultural, loitando por un futuro no que as súas voces sexan escoitadas e respectadas.

  • Título orixinal: A savana e a montanha
  • Ano: 2024
  • Duración: 77 minutos
  • Idioma orixinal: Portugués
  • Dirección: Paulo Carneiro
  • Guión: Paulo Carneiro, Alex Piperno
  • Montaxe: Magdalena Schinca, Paulo Carneiro, Alex Piperno
  • Fotografía: Duarte Domingos
  • Produtora: Paulo Carneiro, Miguel de Jesús, Alex Piperno
Seleccionada na Quincena dos Cineastas do Festival de Cannes 2024 Mención especial na sección Tempo de Historia da Seminci 2024