A vergoña
- Repertorio
- DCP2K
- VOSE
A vergoña
- Retrospectiva Ingmar Bergman
- Repertorio
- DCP2K
Fuxindo da guerra civil que asola o seu país, Jan e Eva Rosenberg, dous músicos, van vivir a unha illa completamente apartados do mundo. Levan unha vida sinxela e apacíbel, preocupados unicamente pola música. Até que un día chegan uns soldados e todo muda radicalmente. A parella é arrestada baixo a acusación de colaborar coas forzas rebeldes. Ao frente da unidade militar que ten a misión de defender a illa está o coronel Jacobi, un antigo amigo de Jan e Eva. Pero isto non fará máis ca empeorar a situación.
- Título orixinal: Skammen
- Ano: 1968
- Duración: 99 minutos
- Idioma orixinal: Sueco
- Dirección: Ingmar Bergman
- Guión: Ingmar Bergman
- Elenco: Liv Ullmann, Max von Sydow, Sigge Fürst, Gunnar Björnstrand, Birgitta Valberg, Hans Alfredson, Ingvar Kjellson, Vilgot Sjöman
- Montaxe: Ulla Ryghe
- Dirección de arte: Lennart Blomkvist
- Vestiario: Mago
- Son: Lennart Engholm
- Fotografía: Sven Nykvist
- Produtora: Svensk Filmindustri
- Distribuidora: A Contracorriente
Globos de Ouro 1968 (Nomeado a mellor filme de fala non inglesa)