Alex & Munchie: contra o cisheteropatriarcado

  • Estrea
  • DCP2K
  • +12
  • VO

Alex & Munchie: contra o cisheteropatriarcado

As creadoras e activistas cuir Xácia Ceive e Carmen Granxeiro, mergúllanse no mundo das súas personaxes na ficción, Alex e Munchie. Nesta ficción documental, que explora o que significa representar vidas trans, cuir e lésbicas na arte, atopámonos cunha traballadora sexual e unha aspirante a directora de cinema alén das propias creadoras.

Na transformación dende directoras até personaxes, Xácia e Carmen medram encarnando procesos de transición e performatividade entre identidades movedizas. Entrar nos dramas destas vidas permítelles empregar o poder da comunidade na procura das verbas que representen as complexidades veladas das vidas cuir.

Con esta sesión sumámonos aos actos do Día Internacional pola Despatoloxización Trans

  • Título orixinal: Alex & Munchie: contra o cisheteropatriarcado
  • Ano: 2023
  • Duración: 84 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Xácia Ceive, Carmen Granxeiro
  • Elenco: Carmen P.G. Granxeiro
  • Música: Eva Outeiro, O Rabelo, Kalte Sonne
  • Produtora: Carmen P.G. Granxeiro