
Anxos sen brillo
- Repertorio
- DCP2K
- VOSE
-
- VOSE Pase único
Anxos sen brillo
- Foco Douglas Sirk
- Repertorio
- DCP2K
Roger Schumann (Robert Stack), un piloto que combateu na Primeira Guerra Mundial, sobrevive facendo acrobacias coa súa avioneta. Burke Devlin (Rock Hudson), un xornalista local que se interesa pola familia Schumann, é testemuña da decadencia do piloto, da frustración da súa muller (Dorothy Malone) e tamén do sufrimento do seu fillo a causa das bromas que mecánicos e pilotos fan a costa de seu pai. Schumann, porén, non desiste na busca dunha oportunidade que lle permita, ademais de recuperar o amor propio, demostrar á súa familia que os antigos soños aínda son posibles.
- Título orixinal: The Tarnished Angels
- Ano: 1957
- Duración: 91 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Douglas Sirk
- Guión: George Zuckerman. Novela: William Faulkner
- Elenco: Rock Hudson, Robert Stack, Dorothy Malone, Jack Carson, Robert Middleton, Alan Reed, Alexander Lookwood
- Montaxe: Russell F. Schoengarth
- Dirección de arte: Alexander Golitzen Alfred Sweeney
- Vestiario: Bill Thomas
- Son: Leslie I. Carey, Corson Jowett, Edward L. Sandlin, Joe Sikorsky
- Música: Frank Skinner
- Fotografía: Irving Glassberg
- Produtora: Universal International Pictures
- Distribuidora: Penteo Films


