Arredor da roda. De Cántigas da Terra a Miro Casabella

  • Estrea
  • DCP2K
  • VG

Arredor da roda. De Cántigas da Terra a Miro Casabella

  • Estrea
  • DCP2K
  • VG

A  Aula de zanfonas de Cántigas da Terra liderada por Miro Casabella (1946), inicia unha investigación sobre este máxico instrumento e a súa relación co Camiño de Santiago. Acompañado por dous alumnos avantaxados, Manuel Rioboo e Erea Estévez, Miro viaxa por toda Galicia na procura do organistrum, devanceiro da zanfona e presencia de honor no Pórtico da Gloria. Mesturando amizades con paisaxes, música de cego con clases maxistrais, os protagonistas completan un mosaico sobre a importancia deste instrumento, considerado por algúns intelectuais como a alma de Galicia.

Sesión gratuíta até completar aforo, recoméndase reservar praza en web ou billeteira, máximo dúas entradas por persoa

  • Título orixinal: Arredor da roda. De Cántigas da Terra a Miro Casabella
  • Ano: 2022
  • Duración: 60 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Federico A. Rioboo
  • Guión: Federico A. Rioboo
  • Elenco: Miro Casabella, Manuel Rioboo, Erea Estévez
  • Son: Miguel Seixo
  • Música: Cántigas de Terra, Escolas da Terra, Gutier Álvarez, Iván Abal, Miro Casabella, Luciano Pérez, Erea Estévez e Manuel Rioboo.
  • Fotografía: Óscar Górriz
  • Produtora: AC Cántigas da Terra