Astrakan 79
- Estrea
- DCP2K
- VOSE
Astrakan 79
- Cineuropa 2023
- Estrea
- DCP2K
Martim, de 57 anos, lembra a súa estadía de un ano e medio na Unión Soviética en 1979. Ten 15 anos e é un neno de aspecto inocente. Os seus pais, militantes do Partido Comunista, pensan que o mandan a un lugar seguro, a unha sociedade á altura de todos os seus ideais. Martim viaxa en tren de Moscova a Astracán, a través do delta do Volga, cruzando o mar Caspio e chegando a Acerbaixán. Pasa á clandestinidade, deixa a escola e namora. O ideal comunista inculcado polos seus pais pérdese. Corenta anos despois, Martim decide contarlle todo por primeira vez ao seu fillo, unha historia convertida nun tabú familiar.
Catarina Mourão (Lisboa, Portugal). Estudou leis, música e cinema. Foi a fundadora de AporDoc (Asociación do Documental Portugués) e é docente cinematográfica dende 1998. No ano 2000 creou Laranja Azul con Catarina Alves Costa, unha produtora independente de cinema. Nese contexto dirixiu os seus primeiros filmes, que foron presentados e galardoados en diversos festivais internacionais de cinema. As súas áreas principais de interese son o documental, a memoria, os soños, o traballo co material de arquivo e a autobiografía.
- Título orixinal: Astrakan 79
- Ano: 2023
- Duración: 64 minutos
- Idioma orixinal: Portugués
- Dirección: Catarina Mourão
- Guión: Catarina Mourão
- Elenco: Martim Santa Rita, Masari, Mateus M Santa Rita
- Montaxe: Pedro Mateus Duarte
- Fotografía: Paulo Menezes
- Produtora: Tiago Hespanha, Luisa Homem, Anastassia Kortsinskaja, João Matos, Catarina Mourão, Susana Nobre, Leonor Noivo, Pedro Pinho