Benediction

  • Estrea
  • DCP2K
  • +7
  • VOSE
Proximamente

Benediction

  • Estrea
  • DCP2K
  • +7
  • VOSE

Benediction explora a vida turbulenta do poeta da Primeira Guerra Mundial, Siegfried Sassoon, a través da mirada do venerado cineasta Terence Davies.
Sassoon foi un home complexo que sobreviviu aos horrores de loitar na Primeira Guerra Mundial e foi condecorado pola súa valentía, pero converteuse nunha voz crítica contra a dirección do goberno na guerra cando volveu do seu servizo militar.

A súa poesía inspirábase nas súas experiencias na Fronte Occidental e converteuse nun dos principais poetas de guerra da época. Foi idolatrado por membros da aristocracia e polos referentes literarios e teatrais de Londres e tivo aventuras con varios homes mentres trataba de aceptar a súa homosexualidade. Ao mesmo tempo, devastado polos horrores da guerra, dedicou a súa vida para lograr a salvación e tentou achala na conformidade do matrimonio e a relixión.

A súa historia é a dun home atribulado nun mundo fraccionado que busca a paz e a aceptación propia, algo que ecoa no mundo moderno co mesmo significado que o facía entón.

  • Título orixinal: Benediction
  • Ano: 2021
  • Duración: 137 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Terence Davies
  • Guión: Terence Davies
  • Elenco: Jack Lowden, Simon Russell Beale, Peter Capaldi, Jeremy Irvine, Kate Phillips, Gemma Jones, Ben Daniels, Geraldine James, Joanna Bacon, Anton Lesser, Lia Williams, Thom Ashley, Kellie Shirley
  • Montaxe: Alex Mackie
  • Vestiario: Annie Symons
  • Música: Ed Bailie, Abi Leland
  • Fotografía: Nicola Daley
  • Produtora: Emu Films, Creative England, M.Y.R.A. Entertainment, Bankside Films, BBC Films, British Film Institute
  • Distribuidora: Festival Films
Cine Independente Británico 2021 (candidata a Mellor Guión y Mellor Vestiario), Donosti 2021 (Mellor Guión), Toronto 2021 (preestrea)